Data:
A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Xunta de Galicia constatan o bo funcionamento do convenio de protección das aldeas asinado en 2018 coa empresa pública Seaga e crean un equipo de traballo cara a introducir melloras na súa reedición.
Nunha reunión mantida con conselleiro de Medio Rural, José González, e o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, o presidente da Fegamp, Alberto Varela, aportou un documento técnico elaborado na Federación con colaboración cos concellos no que se recollen os aspectos de mellora.
Entre os requirimentos trasladados polas entidades locais está a necesidade de máis recursos para levar a cabo esta competencia, cambios na operativa para un funcionamento máis áxil -especialmente no relacionado coas canles de comunicación-, mellora nas bases de datos catastrais e maior coordinación interdepartamental.
Ademais subliñan a necesidade de que a nova Lei de loita integral contra os incendios contemple un maior apoio aos concellos nas tarefas de prevención.