Fegamp e Xunta colaboran na implantación da Administración electrónica nos concellos galegos



O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, a secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Carlos Fernández, asinaron esta mañá un convenio para o desenvolvemento da eAdministración nas entidades locais galegas coa finalidade de garantir aos cidadáns o acceso electrónico aos servizos públicos.

Con vixencia ata decembro do 2013, o acordo garantirá por parte da Administración Autonómica a prestación do sistema de rexistro e información de todos os escritos e comunicacións destinados aos concellos a través das oficinas de atención presencial da Xunta e realizará os investimentos necesarios en infraestrutura e telecomunicacións para a correcta prestación do servizo. Ademais, a Xunta comp