FEGAMP e XUNTA AVANZAN NUNHA REFORMA DA LEI DO SOLO QUE PRETENDE REFORZAR O PAPEL DOS CONCELLOS NA XESTIÓN DO URBANISMO



O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández reuniuse hoxe por segunda vez coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para avanzar na reforma da Lei do Solo. Na reunión tamén estiveron presentes a secretaria xeral de Ordenación do Territorio, Encarna Rivas; o presidente da Fegamp, Carlos A. Fernández Castro; e os vicepresidentes da institución, así como outros membros da federación.