Data:
Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2024.- A secretaria xeral da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), mantivo hoxe unha xuntanza coa directora/xerente de SEAGA, María Luisa Piñeiro, na que avaliaron os traballos desenvolvidos contra a vespa velutina e a previsión para este ano. Na xuntanza tamén participou Lucía González, do equipo técnico da FEGAMP.
Na xuntanza avaliouse o proxecto piloto promovido pola Xunta de Galicia para a colocación, control e seguimento de trampas para a captura de raiñas, e no que se necesitaría saber qué concellos están a facer trampeos e a dispoñibilidade das asociacións de voluntarios de protección civil, para o que solicitan a colaboración da FEGAMP na recollida desa información.
Dende a FEGAMP se propuxo facer unha xornada na que se explique este enfoque do proxecto piloto, e salientouse a necesidade de coordinar esforzos e as ferramentas dispoñibles, como a aplicación coas trampas do proxecto piloto xeolocalizadas, na que os concellos poderían incorporar as súas dacordo aos criterios técnicos previstos. Tamén sinalouse a necesidade de que os concellos teñan acceso a esa aplicación para coñecer o estado da xestión dos avisos no seu ámbito territorial.
Nas próximas datas se avanzará na realización destas iniciativas.