A FEGAMP e os concellos con GES valoran as condicións do seu convenio de desenvolvemento cara á súa renovación en 2027

Data: 

martes, 2 Xuño, 2026 (Todo o día)

Accede ao video resumo da reunión

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2026.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) celebrou unha reunión cos concellos con Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) para valorar a situación e as condición do convenio de colaboración vixente para o desenvolvemento dos GES , asinado coa Xunta de Galicia, e para preparar a súa renovación en 2027.

A reunión estivo coordinada polo presidente da FEGAMP, Alberto Varela, e polo alcalde de Padrón, Anxo Arca, que é un dos representantes dos concellos na comisión de seguimento do convenio. O outro representante é Jaime Sousa, alcalde de Cartelle e membro da COmisión Executiva da FEGAMP, que onte non puido asistir.

Participaron os alcaldes e alcaldesas de Brión, Ortigueira, Ponteceso, Quiroga, Moterroso, A Pontenova, Avión, Laza, Lobios, Maceda, Muíños, Ribadavia e O Grove. Tamén asistiron concelleiros e persoal técnico de Muros, Noia, Pereiro de Aguiar, da Mancounidade de Terra de Celanova, A Estrada, A Guarda, Mos e Ponteareas.

As representacións dos concellos nas súas intervencións fixeron finacapé nos problemas de persoal, financiamento e coordinación existente, polo que neste tempo se traballará na concreción de propostas para resolver as carencias sinaladas, que finalmente terán que ser aprobadas polos concellos e polas deputacións, para presentalas na negociación do novo convenio no ano 2027.

Previamente a esta reunión  FEGAMP reuniuse coas deputacións provincias para facer balance da marcho do convenio, e tamén cunha representación da asociación de tyraballadores dos GES AGESGA, na que achegaron as súas propostas e demandas de mellora no servizo. De feito, un numeroso grupo de traballadores dos GES concentráronse coincidendo coa celebración da reunión.

REUNION FEGAMP CONCELLOS CONVENIO GES