Data:
Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2024.- O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, reuniuse hoxe con Manuel Mora, presidente da Asociación Banco de Alimentos Rías Altas (Balrial).
O encontro foi unha reunión de presentación e de primeira toma de contacta entre ambas organizacións, que serviu de posta en común do labor desenvolto. Ambos presidentes puideron coñecer os proxectos en marcha e os retos máis inmediatos.
Nesa liña, ambos presidentes amosaron interese en explorar posibles vías de colaboración no ámbito local, de xeito que se poidan artellar canles permanentes de apoio ao labor que desenvolve o Banco de Alimentos Rías Altas sobre todos os concellos da provincia da Coruña, que é o seu ámbito territorial de intervención.