FEGAMP e FAPXG relanzan a súa colaboración

Data: 

martes, 30 Xuño, 2026 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2026.- Hoxe na Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), se celebrou unha reunión entre o seu presidente, Alberto Varela, e a nova presidenta da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAPXG), María Alonso, que serviu como primeiro contacto coa nova presidenta para valorar posibles melloras de colaboración dentro do convenio que ambas as entidades teñen subscrito e que acordaron relanzar. Acompañaron á presidenta da FAPXG, Miguel Dorado, coordinador de Accesibilidade, e Ana Fernández, intérprete de LSE. E o presidente da FEGAMP estivo acompañado pola secretaria xeral, Patricia Vilán.

A presidenta da FAPXG informou do desenvolvemento do plan estratéxico na entidade composto por tres eixos principais onde un deles vincúlase ao desenvolvemento social. Dentro desta parte, a entidade pon o foco na accesibilidade dos concellos e as novas ferramentas existentes.