Fegamp e Educación asinan o convenio relativo á limpeza dos centros públicos integrados



Santiago, 28 de decembro de 2010.- O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, vén de asinar un convenio co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Carlos A. Fernández Castro, relativo aos gastos de limpeza dos centros públicos integrados.

En virtude de dito acordo a Consellería transfire 735.000 euros á Fegamp que será a responsable de repartilos entre 37 concellos, e os seus respectivos centros escolares, para que as corporacións municipais xestionen e paguen os servizos de limpeza dos colexios.