FEGAMP e a Consellería de Medio Rural reforzan a colaboración en prevención de incendios forestais

Data: 

venres, 11 Abril, 2025 (Todo o día)

O presidente da FEGAMP e a conselleira de Medio Rural, xunto coa directora de Seaga asinaron o novo convenio novo convenio de colaboración en materia de prevención e defensa contra incendios forestais

“...o proceso de negociación para a renovación do convenio estivese presidido pola colaboración e o entendemento entre a Xunta, representada pola Consellería, e a FEGAMP”

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2025.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e a Consellería de Medio rural da Xunta de Galicia renovaron a colaboración en prevención de incendios forestais que veñen mantendo dende o ano 2018.

O presidente da FEGAMP, Alberto Varela, e a conselleira de Medio Rural, María José Gómez, xunto coa director de Seaga, Luisa Piñeiro, asinaron esta mañá o novo convenio de colaboración en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para a consolidación do sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.

De este xeito se da continuidade ao convenio de colaboración iniciado en agosto de 2018, cunha duración inicial ata 31 de decembro  de 2021, e que foi prorrogándose ata 31 de decembro de 2024.

Despois do acto de sinatura e en declaracións aos medios presentes, o presidente da FEGAMP salientou a importancia de esta colaboración, que ata agora ten contado coa adhesión de “288 concellos dos que en 260 se conseguiu a aprobación do Plan Municipal de Prevención e Defensa con incendios forestais” e que permitiu que “de 2021 a 2024 inspeccionáronse case dous millón catrocentas corenta mil parcelas (2.337.790) incluídas en faixas secundarias, cunha superficie de 171.389 hectáreas”.

Alberto Varela destacou que “o proceso de negociación para a renovación do convenio estivese presidido pola colaboración e o entendemento entre a Xunta, representada pola Consellería, e a FEGAMP”, incorporando achegas no novo convenio como que “as actuacións de xestión de biomasa nas vías municipais se desenvolverán ata 12 kilometros, mellorando así os 10 kilómetros do anterior convenio”.

Tanto o presidente da FEGAMP como a conselleira de Medio Rural compartiron o obxectivo de implicar aínda a máis concellos galegos dentro deste convenio de colaboración para a prevención de incendios forestais dende a xestión da biomasa das fixas secundarias.

Sinatura convenio novo convenio de colaboración en materia de prevención e defensa contra incendios forestais