Data:

A Coruña, 9 de outubro de 2026.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) participou no seminario "INAWA: Retos lexislativos para a auga urbana". Organizado pola Cátedra UDC EMALCSA, o seminario abordou as diferentes medidas e estratexias lexislativas propostas pola Unión Europea e que modificarán significativamente o mapa das obrigas legais dos axentes implicados na xestión da auga.
En representación da FEGAMP participou a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, que centrou a sú intervención nos retos que presenta o abastecemento e o saneamento nos concellos urbanos e rurais. Sobre o abastecemento, González salientou realidade das traídas veciñais. e o papel que estan asumindo os concellos para acompañalas, tanto con apoio económico como con formación, planificación conxunta e colaboración na mellora das redes.
Sobre o saneamento, a alcaldesa de Tomiño destacou que a realidade territorial é determinante, xa que a elevada dispersión fai que estender o modelo convencional á totalidade do termo municipal resulte moi complexo e costoso, cando non imposible. Polo que é preciso introducir solucións adaptadas ao rural, como sistemas autónomos ou descentralizados de depuración, e reforzar a colaboración institucional entre administracións.






Sede Electrónica







