Data:

Madrid, 20 de novembro de 2025.- A Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) celebrou na súa sede en Madrid a xornada sobre o futuro das deputacións provinciais, enmarcada nos actos conmemorativos do 45ª aniversario da FEMP.
A xornada foi inagurada pola presidenta da FEMP e alcaldesa de Jerez de la Frontera, María José García Pelayo, e contou con dúas mesas de intervencións. A primeira mesa adicouse sobre a gobernanza e o financiamento, contando, entre outras, coas intervencións dos presidentes das Deputacións de Ávila e León, Carlos García e Gerardo Álvarez, respectivamente.
A segunda mesa versou sobre o papel da provincia como plataforma de intervención no territorio, e contou coas intervencións de Concepción Cedillo e Santiago Cabañero, presidenta e presidente da Deputación de Toledo e de Albacete, respectivamente, ademais doutras intervencións de expertos.
Pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) asistiou a esta xornada a súa secretaria xeral, Patricia Vilán, e polas deputacións galegas asistiron José Tomé e Luis Menor, presidentes da Deputacións de Lugo e Ourense, respectivamente.

Sede Electrónica





