A Fegamp constitúe a sua Executiva e aproba una reducción xeralizada de salarios e indemnizacións

Federación Galega de Municipios e Provincias celebrou o 21 de decembro a reunión constituínte da súa Comisión Executiva, despois de que fora renovada na VIII Asemblea, celebrada en Compostela o pasado 26 de novembro. Entre as primeiras decisións adoptadas, os tres partidos representados elixiron aos seus portavoces, e se adoptaron medidas de austeridade para rebaixar o gasto corrente e de funcionamento do organismo, seguindo cos principios de aforro comprometidos polo Presidente José Manuel Rey Varela no seu discurso de investidura.
Así, o Alcalde de Cervo, Alfonso Villares exercerá de voceiro do Grupo Popular; o Alcalde de O Barco de Valdeorras, Alfredo García, o será dos rexedores socialistas e o primeiro edil de Allariz, Francisco García, fará o propio en representación do BNG. Igualmente, a Executiva aprobou o calendario de reunións para este mandato: o órgano de goberno da Fegamp, convocar