A Fegamp coñece a fondo o modelo de xestión de traídas de auga do concello de Tomiño

Data: 

mércores, 21 Agosto, 2019 (Todo o día)
momento da visita de Alfredo García a unha traída veciñal en Tomiño

Tomiño, 21 de agosto de 2019.- O pasado 21 de agosto o presidente da Fegamp, Alfredo García, foi recibido na casa consistorial de Tomiño pola alcaldesa, Sandra González, coa fin de coñecer de primeira man o traballo feito polas comunidades de usuarios de auga deste territorio– co apoio da Administración Local – e que ten convertido o modelo tomiñés nun modelo válido e ademais exportable a outras zonas para a xestión dun recurso tan importante como a auga.

Para iniciar a visita realizouse no salón de plenos do concellos unha exposición do traballo feito nos últimos anos nesta materia no territorio tomiñés na que participaron o asesor de COXAPO, Rafael Carrera, acompañado pola anterior concelleira de Medio Ambiente, María Xosé Vázquez. A exposición mostrou como a través dunha liña de axudas competitivas plurianuais –repartidas con criterios obxectivos e aceptados polos representantes das traídas- o concello de Tomiño destina recursos a financiar proxectos de mellora na captación das augas, e no seu almacenamento e potabilización; estas axudas tamén serven para estender os sistemas de distribución de auga e para financiar a potabilización obrigatoria das augas de consumo.

Tras a exposición realizada no salón de plenos, o presidente Fegamp realizou unha visita guiada acompañado do presidente de COXAPO, Joaquín Pousa, e o concelleiro de Servizos Públicos de Tomiño, Lois Vázquez, a un total de 7 das máis de 30 traídas veciñais coas que conta o concello. Na visita tamén estaban presentes os presidentes das propias comunidades de usuarios de auga visitadas, en concreto os presidentes das traídas de Torrón-Sobrada, de Estás, de Amorín, de Forcadela-Tomiño, de Mosteiro-Barrantes, de Vilachán do Monte, e de Figueiró.

Durante a xornada, o presidente da Fegamp, Alfredo García, asegurou que estaba sendo unha visita tremendamente positiva: “na visita de hoxe ás traídas veciñais de Tomiño aprendín que outra forma de facer as cousas é posible e que o modelo no que está a traballar o concello é exportable a outros territorios”, explicaba García. O presidente valorou tamén a participación dos propios usuarios das redes de auga no traballo feito: “hoxe tamén quedou claro que a auga é da veciñanza polo que os usuarios e usuarias das traídas son os responsables da súa xestión e están a colaborar economicamente na mellora e optimización das súas redes”, aclaraba o presidente.

Dentro do Plan do concello de Tomiño para apoiar ás comunidades de usuarios de auga das máis de 30 traídas de auga veciñais coas que contan no territorio, teñen claro que os catro piares esenciais para a xestión da auga son: o control a través de analíticas periódicas; a cloración a través de analizadores de cloro e reactivos en procesos automatizados; realizar unha boa planificación seguindo o protocolo sanitario; e a transparencia na xestión a través de COXAPO e máis alá da SINAC (Sistema de Información Nacional de Augas de Consumo).

A Fegamp coñece a fondo o modelo de xestión de traídas de auga do concello de Tomiño

O presidente da Fegamp realizou unha visita ás traídas de auga veciñais do concello de Tomiño acompañado de responsables de COXAPO e tamén responsables municipais, na que puido coñecer o labor feito na organización das Traídas veciñais deste concello e o grado de implicación, tanto municipal como dos usuarios das propias traídas veciñais, nos resultados obtidos.

Tomiño, 21 de agosto de 2019.- O pasado 21 de agosto o presidente da Fegamp, Alfredo García, foi recibido na casa consistorial de Tomiño pola alcaldesa, Sandra González, coa fin de coñecer de primeira man o traballo feito polas comunidades de usuarios de auga deste territorio– co apoio da Administración Local – e que ten convertido o modelo tomiñés nun modelo válido e ademais exportable a outras zonas para a xestión dun recurso tan importante como a auga.

Para iniciar a visita realizouse no salón de plenos do concellos unha exposición do traballo feito nos últimos anos nesta materia no territorio tomiñés na que participaron o asesor de COXAPO, Rafael Carrera, acompañado pola anterior concelleira de Medio Ambiente, María Xosé Vázquez. A exposición mostrou como a través dunha liña de axudas competitivas plurianuais –repartidas con criterios obxectivos e aceptados polos representantes das traídas- o concello de Tomiño destina recursos a financiar proxectos de mellora na captación das augas, e no seu almacenamento e potabilización; estas axudas tamén serven para estender os sistemas de distribución de auga e para financiar a potabilización obrigatoria das augas de consumo.

Tras a exposición realizada no salón de plenos, o presidente Fegamp realizou unha visita guiada acompañado do presidente de COXAPO, Joaquín Pousa, e o concelleiro de Servizos Públicos de Tomiño, Lois Vázquez, a un total de 7 das máis de 30 traídas veciñais coas que conta o concello. Na visita tamén estaban presentes os presidentes das propias comunidades de usuarios de auga visitadas, en concreto os presidentes das traídas de Torrón-Sobrada, de Estás, de Amorín, de Forcadela-Tomiño, de Mosteiro-Barrantes, de Vilachán do Monte, e de Figueiró.

Durante a xornada, o presidente da Fegamp, Alfredo García, asegurou que estaba sendo unha visita tremendamente positiva: “na visita de hoxe ás traídas veciñais de Tomiño aprendín que outra forma de facer as cousas é posible e que o modelo no que está a traballar o concello é exportable a outros territorios”, explicaba García. O presidente valorou tamén a participación dos propios usuarios das redes de auga no traballo feito: “hoxe tamén quedou claro que a auga é da veciñanza polo que os usuarios e usuarias das traídas son os responsables da súa xestión e están a colaborar economicamente na mellora e optimización das súas redes”, aclaraba o presidente.

Dentro do Plan do concello de Tomiño para apoiar ás comunidades de usuarios de auga das máis de 30 traídas de auga veciñais coas que contan no territorio, teñen claro que os catro piares esenciais para a xestión da auga son: o control a través de analíticas periódicas; a cloración a través de analizadores de cloro e reactivos en procesos automatizados; realizar unha boa planificación seguindo o protocolo sanitario; e a transparencia na xestión a través de COXAPO e máis alá da SINAC (Sistema de Información Nacional de Augas de Consumo).

visita do presidente da Fegamp a Tomiño