O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), José Manuel Rey Varela, celebrou esta mañá que a Secretaría Xeral de Igualdade renovara a liña de axudas aos concellos para a loita contra a violencia de xénero e o fomento da conciliación da vida familiar e laboral. Tras coñecerse onte pola Xunta a convocatoria deste programa para o año que comeza, Rey Varela destacou que “a pesares da crise, se siga apostando por dotar orzamentariamente políticas de concienciación da sociedade”.
Segundo publicou o mércores o Diario Oficial de Galicia, estas axudas ascenderán este año a 3,6 millóns de euros, case un 20% mais que no exercicio 2011, e a elas poderán acollerse todos os concellos a través de catro liñas de actuación predeterminadas: igualdade, prevención da violencia, medidas de conciliación e apoio aos Centros de Informaci&

Sede Electrónica