A FEGAMP CELEBRA O COMPROMISO DO NOVO DELEGADO DO GOBERNO COS CONCELLOS

Data: 

xoves, 8 Abril, 2021 (Todo o día)

O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Alberto Varela, trasladou a noraboa e garantíu a máxima colaboración do municipalismo ao novo Delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Miñones.

Varela, que asistiu ao acto de toma de posesión do novo Delegado do Goberno en representación das entidades locais, valorou moi positivamente que José Miñones sinalara a interlocución e traballo a favor dos concellos como o primeiro dos seus compromisos na  súa labor como representante do Goberno do Estado na nosa Comunidade, xa que o novo Delegado “ten predisposición, coñece ben a situación da administración local e demostrou a súa capacidade á hora de conseguir grandes resultados ao frente do concello de  mes. Confío que temos nel un gran aliado para acadar o peso que os concellos debemos ter no encaixe das tres administracións para que a cidadanía reciba o mellor dos servizos”.

O presidente da Fegamp, Alberto Varela, trasladou así mesmo o agradecemento do municipalismo ao Delegado do Goberno saínte Francisco Javier Losada.