Data:
A Federación Galega de Municipios e Provincias tramita a primeira relación de axuda humanitaria dos concellos galegos ao pobo ucraíno, dentro da coordinación determinada polo Goberno do Estado en colaboración coa Xunta de Galicia.
O presidente da Fegamp, Alberto Varela, ofrecera ao Goberno do Estado activar o mecanismo de colaboración empregado, por exemplo, na axuda humanitaria para os refuxiados afgáns ou na coordinación de material durante a pandemia, e que puxo en marcha inmediatamente tras recibir as indicacións sobre a posible cooperación a recadar.
Pode consultar máis información na seguinte ligazón do Ministerio: https://www.inclusion.gob.es/es/ucrania/index.htm
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
Comunicado conxunto crise humanitaria Ucraína | 593.09 KB |