FEGAMP - Campaña 25 N "Que a vergoña cambie de bando"

Data: 

luns, 25 Novembro, 2024 (Todo o día)

Campaña realizada con motivo do Día Internacional para a Eliminación da violencia contra a Muller que se celebra o 25 de Novembro coa que queremos reafirmar o noso compromiso para poñer fin á violencia contra as mulleres, sendo un obxectivo irrenunciable e prioritario. 

Presentación pública da campaña “Que a vergoña cambie de bando”

A FEGAMP vai presentar publicamente esta campaña de sensibilización sobre a violencia contra as mulleres o vindeiro xoves 21 de novembro en colaboración co Concello de Barbadás.

A partires das 11:00 horas do xoves 21, na Casa da Mocidade de Barbadás, na rúa dos Diestros 2 (A Valenzá), poderanse coñecer os materiais da campaña.

E ás 11:30 horas, a vicepresidenta executiva da FEGAMP e alcaldesa de Betanzos, María Barral, xunto co alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcarcel, intervirán presentando esta campaña.

A continuación pode descargar o seguinte material en pdf ou jpg para implementar a campaña e empregalo para impresión e/ou difusión polas entidades locais.

Descargas: