Data:
A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) apoia ao instituto Ingada, unha organización sen ánimo de lucro para a axuda ás persoas afectadas por trastornos por déficit de atención e hiperactividade (Tdah), ou trastornos relacionados, que opera en toda a comunidade autónoma e que preside o dr. Ángel Carracedo (director da Fundación Galega de Medicina Xenomica), animando aos concellos a participar en 'El Camino de la Diversidad', unha actividade educativa e de ocio, que ese instituto organiza para o próximo 25 de abril, co obxectivo de concienciar á cidadanía (nomeadamente, aos nenos) canto ao respecto ás persoas, con independencia da súa condición. Colexios, asociacións, familias, grupos de nenos ou de adultos realizarán a pé unha etapa do Camiño de Santiago, entre O Pino e Santiago (15 kilómetros), que rematará cunha gran festa ao aire libre na compostelá Praza do Obradoiro.
Para esa andaina (que conta co total respaldo da Fegamp e do seu presidente, José Manuel Rey Varela) xa confirmaron a súa presenza figuras representativas e salientables no mundo da Política, Cultura e do Deporte galegos, así como diversas autoridades comprometidas coas súas metas. A Federación xa enviou unha carta a todos os concellos galegos para que sexan conscientes da importancia desta iniciativa e para que participen nela ('Documentación'-'Comunicacións', nesta páxina web).
A marcha arrancará ás 10,00h de O Pino e ten previsto a súa chegada ao Obradoiro ás 17,30h. Logo terá lugar á recepción por parte das autoridades, lectura do 'Manifesto pola Diversidade' e solta de globos. Ás 18,00h comezará a festa Masterclass de Zumba na Praza da Quintana, para rematar contra as 20,00h. A inscrición é de balde para os nenos ata 18 anos. Os adultos pagarán entre 3 e 10 euros no caso de que precisen os autobuses dispostos para chegar ao punto de saída.
Encontrarán toda a información sobre este evento en www.facebook.com/fundacioningada ou poden solicitala nos teléfonos que aparecen na páxina web www.fundacioningada.net. Todos aqueles que non poidan acudir, poden colaborar no número de conta da Fundación Ingada: ES63-2080-5480-9330-4012-9217, de Abanca.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
Cartel | 29.76 KB |