A FEGAMP abre o proceso para crear a central de contratación para servizos postais

Data: 

martes, 21 Maio, 2024 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2024.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) celebrou hoxe a xuntanza mensual da súa Comisión Executiva na que se iniciou o proceso de posta en marcha da central de contratación como servizo especializado para os servizos postais e telegráficos necesarios no ámbito da FEGAMP e das súas entidades locais adheridas. De este xeito, se homoxeneizará a prestación destes servizos suprimindo desigualdades na prestación.

Durante a presentación do seu informe, o presidente da FEGAMP, Alberto Varela, expuxo as principais xestións desenvolvidas neste período, como a xuntanza de traballo cos concellos con Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES), como primeiro paso de traballo en común na avaliación dos contidos e da aplicación dos convenios reguladores dos GES, así como das incidencias xurdidas.

 

Alberto Varela tamén destacou a xuntanza mantida coa alcaldesa de Burela na que avaliouse a situación da UAD de Burela e de Galicia, despois do encontro mantido na FEGAMP cos 13 concellos  con UAD que concluíu coa demanda do cumprimento do acordo polo que o goberno da Xunta de Galicia ten que facerse cargo do persoal sanitario de xeito urxente para poder manter a calidade do servizo.

O presidente da FEGAMP sinalou que aínda non se ten data para a xuntanza solicitada co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, despois de ser investido, polo que se desenvolverán as xestións necesarias para poder celebrala o máis cedo posible ante a importancia dos temas pendentes de resolver.

A Comisión Executiva tamén abordou o convenio de colaboración co Fondo Galego de Cooperación para o desenvolvemento do proxecto “As Elixidas” cun encontro internacional de mulleres electas durante o segundo semestre do ano na cidade da Coruña, na promoción da Axenda 2030 no que atinxe á participación plena e efectiva das mulleres en todos os niveis  decisorios na vida política, económica e pública.

galer_a_fotos