Data:

A Federación Galega de Municipios e Provincias estudará o problema da falla de servizos bancarios e a súa repercusión nos concellos galegos, situación especialmente grave no eido rural.
A enquisa ás administracións locais saíu esta mesma mañá, coincidindo cunha reunión do presidente da Fegamp, Alberto Varela, coa alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez , e os alcaldes da Baña, José Antonio Pereira, e Zas, Manuel Muíño, que pediron a intervención da Fegamp ante os anuncios de peches e recortes horarios destes servizos nas súas localidades.
Nos derradeiros meses a Federación constatou un aumento de inquedanza entre os alcaldes e alcaldesas pola dificultade dos seus veciños e veciñas para acceder a un servizo esencial, a desprotección que iso leva para as persoas sen habilidades tecnolóxicas ou capacidade de transporte e as consecuencias para o propio futuro das localidades.
A Fegamp realizará un mapa da situación actual e unha retrospectiva do último ano, xa que nos últimos meses os avisos de peche estanse intensificar e producir de forma moi súbita e ningún tipo de consenso cos consistorios.
A Federación fará a labor de radiografiar a situación e instará ás demais administracións a topar unha solución acorde á realidade social.