A Federación traslada o seu pésame á familia de Gerardo Fernández Albor tras o seu pasamento

Data: 

xoves, 12 Xullo, 2018 (Todo o día)
homenaxe pasamento de Gerardo Fernández Albor

A Federación Galega de Municipios e Provincias lamenta o pasamento de Gerardo Fernández Albor, unha figura política de enorme dimensión, xa que foi o primeiro presidente da Xunta de Galicia elixido democráticamente pola cidadanía galega tras a aprobación do estatuto de autonomía de Galicia.

O presidente da Fegamp, Alfredo García, quixo engadir unhas palabras de apoio á familia nestes duros momentos : “queremos destacar o respeto institucional cara a persoa de Fernández Albor e, desde a Federación, e no nome de todos os concellos e alcaldes/esas galegos/as, queremos trasladar o pésame á familia e achegados de Gerardo Fernández Albor”.