Data:

Europe Direct A Coruña, centro oficial de información da Comisión Europea pertencente á Deputación da Coruña, ten o pracer de convidalo á terceira edición de “Europa na Provincia da Coruña”.
O obxectivo deste evento é crear un foro especializado en financiamento europeo que lles permita aos concellos da provincia participar nos distintos fondos e programas europeos. Este ano, centrarase en dous eixos: economía circular e reto demográfico.
O evento está dirixido a alcaldes/as, concelleiros/as, técnicos/as e, en xeral, persoal ao servizo das entidades locais da provincia da Coruña.
“Europa na Provincia da Coruña" celébrase os próximos días 18 e 19 de outubro de 2017 na Deputación provincial da Coruña (Avda. Porto da Coruña, 2 – 15003- A Coruña).
Toda a información sobre este evento no seguinte enlace: https://www.dacoruna.gal/europedirect/europe-direct-coruna/agenda/2017/e...
Para máis información complementaria, contacte con europedirect@dacoruna.gal, ou ben, no número de teléfono 981 080 331.
Formulario de inscrición, aquí.

Sede Electrónica