Estratexias nacionais para a transición ecolóxica

O Plan de Recuperación, Transformación e  Resiliencia  supón unha oportunidade única para promover unha saída verde da crise orixinada pola COVID-19 e, ao mesmo tempo, adiantar a consecución dos obxectivos previstos no Marco Estratéxico de Enerxía e Clima.

Os cambios normativos nos últimos dous anos (nova normativa autoconsumo, de acceso e conexión, novo marco de poxas, novo regulamento de instalacións térmicas en edificios, proposta de creación do Fondo Nacional para a Sustentabilidade do Sistema Eléctrico, etc.), e o Marco Estratéxico de Enerxía e Clima, dótannos dun marco claro e previsible que senta as bases do cambio, fixa unha senda clara a percorrer para conseguir o fin último da  descarbonización e sitúanos na vangarda europea en canto a nivel de ambición en materia de enerxías renovables e eficiencia enerxética. Os principais elementos do Marco Estratéxico de Enerxía e Clima son a futura Lei de Cambio climático e transición enerxética, o Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima 2021-2030, a Estratexia de  Descarbonización a longo prazo 2050, a Estratexia Contra a Pobreza Enerxética e a Estratexia de Transición Xusta. Estes documentos crave serán reforzados por toda unha serie de estratexias e follas de roteiro sectoriais (como a Estratexia de almacenamento, a Estratexia de autoconsumo e a Folla de roteiro do hidróxeno renovable). 

O Marco Estratéxico de Enerxía e Clima e moi especialmente o  PNIEC 2021-2030, foron esenciais á hora de deseñar o contido enerxético do Plan de Recuperación, Transformación e  Resiliencia.

enlightenedACCEDE ÁS ESTRATEXIAS NACIONAIS PARA A TRANSICIÓN ECOLÓXICA AQUÍ.