Data:
Valencia, 12 e 13 de xuño de 2024.- Unha delegación da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), encabezada pola súa secretaria xeral, Patricia Vilán, participou en Valencia nun novo encontro de coordinación do proxecto RETTURN – Rede de Experiencias Turísticas baseadas na Tradición Rural, do que a FEGAMP forma parte.
O proxecto RETTURN ten como obxectivo a recuperación do patrimonio inmaterial para dar resposta á despoboación das zonas rurais mediante a creación de experiencias turísticas baseadas en tradicións locais vinculadas ao entorno rural, busca poñer en valor este patrimonio cultural e recuperar o rural como foco de atracción turística.
As accións seleccionadas pola FEGAMP para a creación de experiencias turísticas baseadas na construción de pallozas e os seus teitos de palla, a gandería de montaña transhumante e o patrimonio popular apícola.
Xunto con representantes das outras seis federacións territoriais de municipios integrantes do proxecto RETTURN, se traballou no deseño dos programas específicos de formación das experiencias piloto.
As formacións constitúen unha das fases do proxecto e teñen o obxectivo de expandir ao territorio este traballo levado a cabo durante os últimos meses no desenvolvemento das experiencias.
Nestas xornadas de traballo celebradas os días 12 e 13 de xuño contouse coa participación de representantes do goberno da Generalitat Valenciana. Tamén avanzouse nas actuacións de comunicación asociadas ao proxecto así como no “Escaparate Virtual”, unha plataforma onde se recollerán toas as experiencias para a súa comercialización.
Ademais, na localidade de Massamagrell se desenvolviron un obradoiro de formación e sensibilización sobre a “Pilota Valenciana” deporte tradicional valenciano e unha amplia intervención dos representantes das federacións participantes no programa de radio “El Rall”, da A Punt, a Radio televisión Pública Valenciana.