Data:
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade colabora coa ONGD Implicadas no Desenvolvemento na realización dun encontro coa activista feminista haitiana Caridade Valcourt, que estará en Galicia o próximo mes de novembro.
Tanto o Fondo Galego de como Implicadas no Desenvolvemento traballamos a cooperación dende unha idea de coñecemento mutuo e de transformación social man a man coas compañeiras do Sur. Caridade Valcourt traballa de xeito moi activo con organizacións feministas de base e unha das súas angueiras é incidir na participación política das mulleres, tamén a través dos espazos institucionais. Entenden que neste marco esta é unha oportunidade única para coñecer a situación da participación política das mulleres en Haití e para que a nosa compañeira Valcourt teña a posibilidade de coñecer as experiencias dende Galicia.
Convidan, polo tanto, a un Encontro informal con Caridade Valcourt que se celebrará na Biblioteca Municipal Os Rosales na Praza Elíptica 1, A Coruña, o día 6 de novembro de 16.30 a 18 horas. Este é un encontro pechado no que se busca crear un clima de confianza e de compartir experiencias que nos axuden a entender mellor o traballo que se fai nos países do Sur dende os feminismos e en particular as dificultades que as mulleres, tanto do Norte como do Sur, teñen á hora de participar na política institucional.
Prégase confirmación da participación antes do día 3 de novembro no correo electrónico: acorzo@igadi.org
Descargas:
| Arquivos | Tamaño |
|---|---|
| 176.93 KB |

Sede Electrónica