A subdirectora de Retorno da Secretaría Xeral da Emigración, Begoña Solís, participou no acto de benvida ao alumnado internacional que estudará na USC este curso académico, que tivo lugar hoxe no Pazo de Fonseca. A representante de Emigración recordou aos alumnos que Galicia é unha terra que sabe acoller á xente que chega dos países do exterior e que agradece a pegada cultural e social que aportan.
O acto, organizado pola Oficina de Captación Internacional desta universidade, foi presidido polo reitor da USC, Antonio López Díaz. O Internacional Students Welcome Day é un evento que serve para dar a benvida aos máis de 1.000 estudantes estranxeiros cos que conta cada ano nas súas aulas a universidade compostelá. Ao acto asistiron estudantes de máis de 35 países.