Distinguen ao profesor Peña pola súa dedicación á Saúde Ambiental



ABC.es Distinguen ao profesor Peña pola súa dedicación á Saúde Ambiental Martes, 12-01-10D. G.SANTIAGO. O doutor Francisco Peña, experto ambientalista de recoñecido prestixio, fundador responsable do «Programa Galego Municipios Saudables e Sostibles 2000-2010», acaba de ser galardoado pola Sociedade Española de Sanidade Ambiental coa insignia de prata e diploma, «pola súa plena dedicación durante tres décadas á formación en Saúde Ambiental», da que foi precursor, tanto no ámbito universitario coma no profesional.O profesor puxo en marcha esta iniciativa, de carácter itinerante, pioneira en España, de formación e reciclaxe de técnicos de medio ambiente e saúde, e foro de debate e estudo da situación ambiental dos concellos, bisbarras e mancomunidades de Galicia, baixo o mecenado de Obra Social Caixa Galicia,