Como cada ano, o 18 de abril celébrase o Día Internacional dos Monumentos e Sitios, iniciativa anual de ICOMOS para promover a nivel global a toma de conciencia acerca da diversidade do patrimonio cultural da humanidade, da súa vulnerabilidade e dos esforzos que se requiren para a súa protección e conservación.
Nesta ocasión, ICOMOS-España presenta o primeiro documento doutrinal desenvolto polo seu Comité Científico Nacional da Arte Rupestre coa súa nova Carta para a xestión integrada da arte rupestre prehistórica e as súas paisaxes, pretendendo con esta carta contribuir á busca das alternativas de xestión patrimonial que contemplen a resiliencia climática, o desenvolvemento sostible e a participación activa das comunidades locais.
A arte rupestre é unha relación entre patrimonio e paisaxe, pero os crecentes impactos medioambientais, como os incendios forestais, teñen un efecto degradante na arte rupestre e sobre a paisaxe que lle da sentido. A carta propón como medida fundamental a participación activa das comunidades locais, e da cidadanía en xeral, desde unha filosofía participativa e pedagóxica que contribúa a que a cidadanía faga propios os valores culturais excepcionais da arte rupestre prehistórica.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
Carta CCNAR | 143.84 KB |