
"DEREITOS, IGUALDADE E APODERAMENTO PARA TODAS AS MULLERES E NENAS EN TODA A SÚA DIVERSIDADE".
Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, a Xunta de Voceiros da Fegamp aprobou unha declaración institucional que pode descargarse a continuación en pdf. Tamén incluímos un cartel conmemorativo.
A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) conmemora este 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, reafirmando o compromiso do municipalismo cos dereitos das mulleres, cara a acadar a igualdade de xénero en todos os espazos da vida política e social local dende o pulo de medidas concretas que reforcen os dereitos das mulleres e as nenas, para que sexan protagonistas do seu propio presente.
Este ano facémolo baixo a lema “Dereitos, Igualdade e Apoderamento. Para todas as mulleres e nenas”, promovido desde ONU - Mulleres, facendo un chamado á acción para acadar a igualdade de dereitos e oportunidades para todas as mulleres, e en especial as mulleres novas e as nenas, agora que se compren 30 anos de Declaración e Plataforma de Acción de Beijing, adoptada por cento oitenta e nove gobernos durante a Cuarta Conferencia Mundial sobre a Muller, celebrada na capital chinesa.
Descargas:
| Arquivos | Tamaño |
|---|---|
| 560.86 KB | |
| 384.28 KB | |
| 947.58 KB | |
| 947.34 KB | |
| 418.79 KB | |
| 1.17 MB | |
| 818.73 KB | |
| 289.41 KB | |
| 1.27 MB |

Sede Electrónica