Data:
Este curso organizado pola UNED vai dirixido a aquelas persoas que precisan unha formación específica nos distintos tipos de violencia que operan na infancia e na xuventude.
Diríxese a quenes desempeñan labores de ensinanza (xardín de infancia, primaria, secundaria...), a educación, a socioloxía, psicoloxía, traballo social, avogacía, persoal ao servicio da Administración de Xustiza, Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, persoal sanitario (medicina e enfermería), actividades recreativas e deportivas e para calquera que esté interesado/a en adquirir un coñecemento serio e riguroso desta materia.
DURACIÓN DO CURSO: 18 de Xaneiro de 2021 a 30 de Xuño de 2021.
Matriculación: Do 7 de setembro de 2020 ao 15 de xaneiro de 2021.
ADMISIÓN: A admisión ao curso realizarase por estrita orde de chegada da solicitude á Secretaría dos cursos, unha vez admitida polo Consello docente do mesmo.
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA: Unha vez comunicada ao solicitante a admisión do curso, poderá proceder a formalizar a súa matrícula no impreso que lle enviará a Secretaría do curso.
Información de matrícula:
Fundación UNED
C/ Guzmán el Bueno, 133 - Edificio Germania, 1ª planta. 28003 Madrid
Teléfonos: +34913867275 / 1592
Correo electrónico: rdiaz@fundacion.uned.es
Toda a información no seguinte enlace: https://formacionpermanente.uned.es/tp_actividad/idactividad/11518