CURSO SUPERIOR DE TÉCNICO DE URBANISMO 2019

Data: 

xoves, 10 Outubro, 2019 (Todo o día) a martes, 5 Novembro, 2019 (Todo o día)
Curso superior técnico de urbanismo

 

Este curso está organizado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública.

O obxectivo principal do curso é que os alumnos adquiran os coñecementos teórico-prácticos e habilidades que lles capaciten para traballar nas disciplinas da ordenación do noso solo e responsabilizarse dos procesos de xestión do territorio. O estudo do urbanismo e a ordenación territorial farase partindo da normativa urbanística estatal, facendo referencia, nos aspectos de maior interese, á normativa autonómica e, especialmente, á da Comunidade Autónoma galega.Combina o estudo dos fundamentos teóricos cunha completa formación práctica que no ámbito urbanístico é variada e complexa.

Dirixido a:

- Arquitectos interesados en ampliar os seus coñecementos cunha formación especializada no campo do urbanismo.

- Profesionais en exercicio do ámbito urbanístico que necesitan actualizar os seus coñecementos en xestión urbanística.

- Persoal das diferentes administracións públicas de Galicia: funcionarios de carreira ou persoal interino dos grupos A e B que estean en posesión do título de licenciado, arquitecto, arquitecto técnico ou enxeñeiro, e persoal laboral dos grupos I e II que se atopen en posesión de calquera dos títulos anteriormente citados.

Este curso está homologado pola Escola Galega de Administración Pública.

Pode ver e descargar o programa detallado con contidos e programación de datas nos seguintes enlaces:

Programa (galego)
Programa (castellano)

O prazo de matrícula abriuse ás 8:00 horas do martes 17 de setembro.

Pode consultar toda a información no seguinte ENLACE.