Data:
A Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) organiza un Curso sobre o Monte en Galicia no século XXI que dirixe D. Tomás Fernández-Couto Juanas e D. Juan Raposo Arceo. Este curso celebrarase os días 16 e 17 de outubro na Fundación Luis Seoane (C/ San Francisco nº 27. 15001 A Coruña).
O obxectivo deste curso é informar e divulgar as políticas forestais, o réxime xurídico e a situación e as implicacións económicas do sector forestal, primordialmente en Galicia no século XXI.
Este curso vai dirixido a propietarios de montes, profesionais vinculados co sector forestal, CMVMC e persoas vinculadas ou interesadas no monte e no sector forestal galego.
INFORMACIÓN E MATRÍCULAS:
Secretaría de Alumnos da UIMP
Teléfono: 981140 830
Correo electrónico: galiciasa@uimp.es
http://www.uimp.es/agenda-link.html?id_actividad=63SP&anyaca=2017-18
Importe matrícula: 80 € (60 € de tasas académicas+ 20 € de tasas de secretaría)
(Alumnos universitarios: 20% de descuento.)
Para outras reducións de prezo: consultar en www.uimp.es
Valor académico: 12 horas
PRAZAS LIMITADAS
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
Programa do curso | 677.28 KB |