CURSO MONOGRÁFICO A AXENDA 2030 PARA O DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE E A SÚA IMPLEMETACIÓN NAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS GALEGAS

Data: 

luns, 17 Xuño, 2019 (Todo o día) a martes, 18 Xuño, 2019 (Todo o día)
Cartel xornada axenda desenvolvemento sustentable

Este curso convocado pola EGAP ten como obxectivo principal crear conciencia sobre a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable e abordar as necesidades teóricas e prácticas para que o persoal destinatario da actividade poida incorporar os obxectivos para o desenvolvemento sustentable (ODS) da Axenda 2030 aos seus ámbitos de traballo.

De maneira específica abordaranse, entre outros, os seguintes temas:

- A cooperación para o desenvolvemento e a axuda humanitaria.
- A política da Xunta de Galicia na materia.
- Os obxectivos para o desenvolvemento sustentable e a Axenda 2030, con especial mención ás universidades galegas.
- O IV Plan director da cooperación galega.

Resolución no DOG

Para mais información prema aquí.

DESTINATARIOS

O curso diríxese ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administraciónsautonómica e local galegas, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia e das universidades do Sistema universitario de Galicia.

No caso de non cubrir a totalidade das prazas convocadas, ás vacantes que resulten poderán acceder profesionais interesados/as no tema.

 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Ficha da actividade86.06 KB