CURSO ON LINE PARA PERSOAL DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS ENCARGADOS DA XESTIÓN DE FONDOS NEXT GENERATION EU E DA EXECUCIÓN DO PLAN DE RECUPERACIÓN E RESILENCIA (PRTR). 25 MARZO

Data: 

venres, 25 Marzo, 2022 (Todo o día)

 

A FEMP organiza un novo curso básico de formación orientado a formar ao persoal das Administracións Públicas encargadas da xestión de Fondos Next Generation EU e da execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).

A presente convocatoria vai dirixida a todas as Entidades Locais o próximo 25 de marzo de 10:30 h. a 12:30 h. en modalidade ONLINE

Este curso ofrece unha formación complementaria ao curso de Formador de Formadores organizado pola Secretaría Xeral de Fondos Europeos do Ministerio de Facenda e Función Pública, pero se priorizará na inscrición ás Entidades Locais que non participasen en anteriores convocatorias da Secretaría Xeral de Fondos Europeos.

O programa contempla unha visión multidisciplinar e xeral do Plan como, por exemplo, o marco normativo (principios fundamentais e aplicacións prácticas), particularidades da xestión orzamentaria e da contratación, sistemas de control, etc.

É moi importante que as persoas que asistan sexan as que estean relacionadas de forma directa coa execución do PRTR dentro da propia Entidade Local. Podrá participar o persoal local, os cargos electos e postos de libre designación, así como os habilitados nacionais, antes do 18 de marzo. As persoas inscritas que corresponda ao perfil indicado recibirán un correo electrónico có acceso á Aula Virtual onde se impartirá o curso.

Inscricións: https://forms.office.com/r/b5GLm423wa

Para preguntas e aclaracións:formacion@femp.es