CURSO GRUPOS DE EMERXENCIA SUPRAMUNICIPAIS (GES) 2022

Data: 

xoves, 14 Xullo, 2022 (Todo o día) a luns, 8 Agosto, 2022 (Todo o día)

 

O obxectivo principal do curso é Impartir unha formación especializada nuns niveis de capacitación suficientes para que o persoal que participou nunha convocatoria para os grupos de emerxencia supramunicipais e poida ingresar neles ou se atopa nas listas de reserva e poida, se for o caso, comezar a asumir as súas funcións.

O contido estrutúrase en bloques relativos aos principais riscos e emerxencias nos cales, intervirá este persoal:

Módulo 1: primeiros auxilios (7 h)

Módulo 2: actuacións en caso de accidente de tráfico (14 h)

Módulo 3: extinción de incendios urbanos e industriais (28 h)

Módulo 4: intervención en incendios forestais (21 h).

Todos os temas inclúen exercicios prácticos sobre os temas tratados e haberá unha proba final de conxunto.

O curso vai dirixido ao persoal que participou nunha convocatoria para os grupos de emerxencia supramunicipais e poida ingresar neles ou se atopa nas lista de reserva.

Para mais información:

Resolución do DOG nº 126 do 2022/7/4 - Xunta de Galicia