Data:
O Curso de Xestión do Selo CAI ten como obxectivo capacitar aos participantes nos fundamentos e requisitos do proceso para obter o Selo de Recoñecemento de Cidades Amigas da Infancia, distintivo de calidade que UNICEF Comité Español e os aliados do programa ofrecen aos concellos e Gobernos locais polo seu labor continuado en favor dos dereitos da infancia e da adolescencia, no ámbito municipal.
O Curso está dirixido nomeadamente a representantes públicos e técnicos municipais, así como a empregados doutras administracións públicas locais. É de balde e ten unha duración de 60 horas lectivas, que poderán realizarse de xeito flexible, ao longo de 6 semanas.
O enlace para obter toda a información sobre ese Curso e para inscribirse é: http://ciudadesamigas.org/municipio-amigo-infancia/sello-cai/inscribete-al-curso-del-sello-cai/