CURSO DE XESTIÓN DE PROXECTOS DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL

Data: 

sábado, 9 Novembro, 2019 (Todo o día) a sábado, 15 Febreiro, 2020 (Todo o día)
Imaxe do Curso xestión de proxectos de cooperación internacional

Este curso está organizado polo Centro Asociado da UNED en Pontevedra. 

Data: do 9 de novembro ao 15 de febreiro de 2020 

De: 10:00 a 14:00 h.

Lugar: AULA 005. Centro Asociado da UNED en Pontevedra

Dirixido a: 
Universitarios, profesionais da administración pública interesados na xestión de proxectos de cooperación internacional autonómica ou municipal, técnicos de RSC en empresas, estudantes, desempregados e público en xeral interesado na Cooperación Internacional para o Desenvolvemento e en desenvolver o seu propio proxecto transformador basado na economía social.
Obxectivos: 
O obxectivo do presente curso é ofrecer unha visión completa da Cooperación ao Desenvolvemento desde as súas orixes ata os nosos días, amosando cales son os principais actores, políticos, institucionais e sociais, desde o ámbito municipal, autonómico, estatal, europeo e internacional. Posteriormente, o alumnado terá as competencias básicas para crear a súa propia ONGD, Asociación, Fundación, Cooperativa ou Empresa Social e estará capacitado técnicamente para desenvolver os seus propios proxectos, tanto a nivel local como internacional. Por último, ofreceranse todas as ferramentas de financiamento dispoñibles para que o seu proxecto se convirta en realidade.

Máis información:
Centro Asociado UNED Pontevedra
Rúa de Portugal 1
36162 Pontevedra Pontevedra
986851850   /   negociadodealumnos@pontevedra.uned.es

Programa do Curso