Curso de aforro e eficiencia enerxética municipal

A Deputación de Ourense, dentro do Programa de formación continua de carácter agrupado, destinado a desenvolver diversas accións formativas dirixidas ao persoal da Administración local da provincia, convoca o curso "Aforro e eficiencia enerxética municipal".

O curso está dirixido a persoal técnico da Administración local, enxeñeiros/ as e arquitectos/ as ao servizo das entidades locais que realicen traballos relacionados coa xestión e eficiencia enerxética nos gobernos locais; persoal pertencente á Administración local da provincia que teñan asignadas nos seus postos de traballo tarefas de xestión ou asesoramento en materia de urbanismo; responsables políticos/ as das corporacións locais da provincia de Ourense interesados/ as na materia obxecto de estudo.

As bases da convocatoria e formularios de inscrición están dispoñibles no BOP nº 228 de 2 de outubro.