PRÓXIMA CONVOCATORIA PROGRAMA PREE 5000 - Rehabilitación enerxética de edicificios en municipios de reto demográfico

No BOE do 4 de agosto de 2021 publicouse o Real Decreto 691/2021 polo que se regulan as subvencións a outorgar a actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes, en execución do Programa de rehabilitación enerxética para edificios existentes en municipios de reto demográfico (Programa  PREE 5000), incluído no Programa de rexeneración e reto demográfico do Plan de rehabilitación e rexeneración urbana do Plan de Recuperación, Transformación e  Resiliencia, así como a súa concesión directa ás comunidades autónomas.

A execución deste programa contribuirá a alcanzar os obxectivos ambientais e enerxéticos establecidos na normativa da Unión Europea, mediante a realización de actuacións de reforma de edificios existentes, con independencia do seu uso e da natureza xurídica dos seus titulares, que favorezan a redución do consumo de enerxía final e das emisións de dióxido de carbono mediante o aforro enerxético, a mellora da eficiencia enerxética e o aproveitamento das enerxías renovables.

O programa de incentivos do PREE 5000 está dotado cunha contía inicial de 50 millóns de euros.

 

 

Que se entende por municipios de reto demográfico?

Para os efectos do establecido por este real decreto, entenderase por municipios de reto demográfico:

  • os municipios de ata 5.000 habitantes;
  • os municipios non urbanos de ata 20.000 habitantes nos que todas as súas entidades singulares de poboación sexan de ata 5.000 habitantes.

A determinación da cifra de habitantes destes municipios realizarase de acordo co establecido polo Real Decreto 1147/2020, do 15 de decembro, polo que se declaran oficiais as cifras de poboación resultantes da revisión do Padrón municipal referidas ao 1 de xaneiro de 2020. As entidades singulares de poboación serán aquelas cuxa denominación e código de 9 cifras figuran no Nomenclátor do INE, e a determinación da súa poboación a efectos do previsto no parágrafo anterior realizarase de acordo co publicado por este. A caracterización de municipio «non urbano» determinarase de acordo co establecido na publicación «Atlas Estatístico das Áreas Urbanas» do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

Para os efectos anteriores, o  IDAE publicará na súa sede electrónica, con carácter informativo e supeditado ás publicacións oficiais antes referidas, listaxe dos municipios onde poderán realizarse os investimentos subvencionables correspondentes.

Que vixencia terá este programa?

O programa  PREE 5000 estará en vigor desde o día seguinte ao da publicación deste real decreto no «Boletín Oficial do Estado» e ata a conclusión da súa vixencia, que se producirá o 31 de decembro de 2023, salvo que, con anterioridade, se esgote o orzamento dispoñible do programa, conforme ás solicitudes de axuda recibidas.

Cando se fará a convocatoria destas axudas?

A convocatoria das axudas vinculadas ao Programa PREE 5000 será feita pola Comunidade Autónoma nun prazo máximo de tres meses dende a entrada en vigor deste real decreto.

Quen son os destinatarios últimos destas axudas?

  • As persoas físicas ou xurídicas de natureza privada ou pública que sexan propietarias de edificios existentes.
  • As comunidades de propietarios ou as agrupacións de comunidades de propietarios de edificios residenciais de uso vivenda.
  • Os propietarios que de forma agrupada sexan propietarios de edificios
  • As empresas explotadoras, arrendatarias ou concesionarias de edificios
  • As empresas de servizos enerxéticos ( ESEs), ou provedores de servizos enerxéticos 
  • As entidades locais e o sector público
  • As comunidades de enerxías renovables e as comunidades cidadás de enerxía

Pola súa parte, os concellos, as deputacións provinciais ou as entidades locais equivalentes e as mancomunidades ou agrupacións de municipios españois, cabidos e consellos insulares, as administracións das comunidades autónomas, e calquera organismos públicos e entidades de dereito público vinculados ou dependentes das referidas administracións públicas, poderán acceder á condición de destinatarios últimos das axudas, para promover e xestionar a realización de actuacións de rehabilitación enerxética, como representantes de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, propietarias de edificios que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo a execución das correspondentes actuacións subvencionables previstas por este real decreto, debendo cumprirse, en todo caso, o previsto polo parágrafo segundo do artigo 11.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.

Cales son as actuacións subvencionables?

As actuacións deberanse realizar sobre edificios construidos antes de 2007, e as actuación deben xerar aforro do 30% en enerxía primaria non renovable e melloren a calificación enerxética do edificio en polo menos unha letra.

ACTUACIÓN INTENSIDADE DA AXUDA
Mellora da eficiencia enerxética da  envolvente térmica.  50%
Mellora da eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria. 40%
Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación. 20%

Terán dereito a unha axuda adicional por mellora da eficiencia enerxética as actuacións que eleven a certificación enerxética do edificio para obter unha Clase A ou Clase B, na escala de CO2, ou incrementen duas letras a clasificación enerxética de partida.

As axudas outorgadas no ámbito deste real decreto serán compatibles con calquera outra axuda doutros programas ou instrumentos de calquera administracións públicas ou organismos ou entes públicos, nacionais ou internacionais, particularmente da Unión Europea, en tanto que dita axuda non cubra os mesmos custos e que, de forma acumulada, non se superen os límites establecidos polo Regulamento (UE)  n.º 651/2014, do 17 de xuño de 2014, para aqueles destinatarios finais que sexan empresas ou realicen algunha actividade económica, pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado.

enlightenedMÁIS INFORMACIÓN: https://www.idae.es/ayudas-y-financiacion/para-la-rehabilitacion-de-edificios/programa-pree-5000-rehabilitacion

 

Créditos da infografía: Techfriendly

 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon RD 691/2021 PROGRAMA PREE 5000614.52 KB