CONVOCATORIA PLANS DE SUSTENTABILIDADE TURÍSTICA EN DESTINOS

Data: 

luns, 5 Abril, 2021 - 09:00 a venres, 14 Maio, 2021 - 14:00

A Conferencia Sectorial de Turismo do 30 de marzo de 2021 aprobou a convocatoria da segunda edición ordinaria do Programa de Plans de Sustentabilidade Turística en Destinos, o instrumento principal de intervención da Administración turística española. A Secretaría de Estado de Turismo destina 23 millóns de euros a esta edición que, unha vez máis, cofinanciarán as Comunidades Autónomas e entidades locais cuxos proxectos sexan seleccionados.

O obxectivo do programa é avanzar cara á transformación dos destinos turísticos cara a un modelo baseado na sustentabilidade ambiental, socioeconómica e territorial.

Esta edición ordinaria de Plans de 2021 diríxese a tres categorías de destinos:

  • sol e praia
  • urbanos de máis de 20.000 habitantes
  • rurais e/ou en espazos naturais protexidos (municipios de menos de 20.000 habitantes ou comarcas con menos de 70.000 habitantes).

A entidade beneficiaria e responsable da execución do plan en todas as súas fases deberá ser unha entidade local de entre as previstas no artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local:

  • O municipio
  • A provincia
  • A illa nos arquipélagos balear e canario
  • As comarcas ou outras entidades que agrupen varios municipios,  instituidas polas Comunidades Autónomas de conformidade con esta lei e os correspondentes Estatutos de Autonomía
  • As áreas metropolitanas
  • As mancomunidades de municipios

enlightenedA proposta presentarase  telemáticamente ante a Axencia de Turismo de Galicia a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia mediante o procedemento xenérico PR004A.

enlightenedPrazo de presentación de propostas: Do 5 de abril ao 14 de maio, ambos inclusive.

enlightenedACCEDA Á DOCUMENTACIÓN DA CONVOCATORIA AQUÍ.

Descargas: 

galer_a_fotos