Convocatoria extraordinaria 2023. Plans de sostibilidade turística en destinos. Prazo do 01-02-2023 ao 06-03-2023

Data: 

mércores, 1 Febreiro, 2023 (Todo o día) a luns, 6 Marzo, 2023 (Todo o día)

 

A Estratexia de Sostenibilidade Turística en Destinos, cuxa última actualización foi ratificada en Conferencia Sectorial de Turismo de 27 de xaneiro de 2023, é o documento que rixe a convocatoria extraordinaria 2023 do Programa de Plans de Sostenibilidade Turística en Destinos, financiada íntegramente con fondos europeos Next Generation-EUNa convocatoria extraordinaria, ao estar financiada por fondos Next Generation EU, as entidades xestoras deben cumprir unha serie de requisitos e obrigas conxuntas a este tipo de fondos europeos. Para máis información pode consultarse a Estrategxia de Sostenibilidade Turística en Destinos, a Orde HFP/1030/2021, de 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, e a Orde HFP/1031/2021, de 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información a proporcionar polas Entidades do Sector Público Estatal, Autonómico e Local para o seguimiento do cumprimento de hitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas dos componentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Conforme se indica no apartado 8.1.1 da Estratexia, o ente xestor dos PSTD debe ser unha entidade local das previstas no artigo 3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réximen Local: concello; provincia; illa nos arquipélagos balear e canario; comarcas e outras entidades que agrupen varios concellos; áreas metropolitanas; mancomunidades de municipios; ademais as comunidades autónomas poderán establecer como xestores dos PSTD a outras fórmulas de asociacións de municipios recollidas na súa normativa autonómica como, por exemplo, os consorcios turísticos ou os grupos de acción local. 

O prazo de recepción de candidaturas estará aberto entre o 1 de febreiro e o 6 de marzo de 2023. 

Descargas: