Data:
A Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico puxeron en marcha unha convocatoria de axudas de 5 millóns de euros para contribuir a unha recuperación verde e azul.
A Convocatoria ofrece unha subvención á contratación de persoas desempregadas a tempo completo, por un período mínimo de 6 meses, en entidades que estean vinculadas directa ou indirectamente coa economía verde e/ou azul ou entidades que, non estando vinculadas, xeren emprego que contribúa a unha liña de negocio sostible ou á xestión dunha mellora ambiental na entidade. O importe da subvención por cada contrato vai desde os 1.900 aos 3.440 euros, dependendo da Comunidade Autónoma e das características da persoa contratada, se pertence a algún dos grupos sociais prioritarios (muller, moza ata 35 anos, maiores de 45 anos, persoas inmigrantes, con discapacidade ou residentes en áreas protexidas e/ou zonas rurais).
Beneficiarios:
Dirixida a todas aquelas persoas físicas que actúen como empregadoras e entidades privadas que contraten a unha persoa desempregada a xornada completa e por un tempo mínimo de 6 meses.
Prazo de solicitude:
As solicitudes poden presentarse ata o 30 de setembro de 2021.
Bases da convocatoria e máis información: https://contratacion.empleaverde.es/
Buzón de consultas: empleaverde.emplea@fundacion-biodiversidad.es