Convocatoria do Programa Europeo para as Ciudades (EUCF)

 

O Programa Europeo para as Cidades ( EUCF) ten o obxectivo de apoiar aos municipios e ás autoridades locais no desenvolvemento de Conceptos de Investimento ( CI) relacionados coa implementación de accións identificadas nos seus plans de acción climática e enerxética, o que na práctica supón o financiamento cunha subvención fixa de 60.000 euros por solicitude para desenvolver o devandito Concepto de Investimento.

 

BENEFICIARIOS

O  EUCF está aberto aos municipios, ás súas agrupacións, así como ás entidades públicas locais que agregan municipios en toda a UE-27, os Estados  EEE- AELC de Islandia, Noruega e Liechtenstein e o Reino Unido.

Os solicitantes deben contar cun plan de clima e enerxía sostible aprobado politicamente. Isto inclúe os  PAES (Plan de Acción para a Enerxía Sostible)/ PASC (Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible), desenvoltos no marco do Pacto dos Alcaldes, ou plans de ambición similar con obxectivos
climáticos e enerxéticos polo menos para o ano 2020.  

Poden participar municipios de todos os tamaños, desde grandes cidades ata pequenos municipios. Os municipios máis pequenos poden aumentar as súas posibilidades de éxito se se asocian con outros municipios e presentan a súa solicitude como agrupación.

 

QUE SE PODE FINANCIAR

O EUCF financia actividades, como estudos de viabilidade (técnica), análise de mercado, análise das partes interesadas, análise xurídica, económico e financeiro, análise de riscos, etc., que son necesarios para desenvolver o Concepto de Investimento. Estas actividades poden ser realizadas por persoal interno ou por expertos externos subcontratados. A subvención non pode financiar directamente os investimentos reais, pero cobre os custos de mobilización de recursos e de acceso aos servizos para desenvolver un Concepto de Investimento.

 

enlightenedESTA CONVOCATORIA PECHA O 31 DE MAIO DE 2021.

enlightenedMÁIS INFORMACIÓN E PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS: https://eucityfacility.eu/

 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon NOTA DE PRENSA PROGRAMA EUCF1.13 MB