CONVOCATORIA DAS SUBVENCIÓNS POR DANOS EN INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS E REDE VIARIA PROVINCIAL E INSULAR COMO CONSECUENCIA DOS INCENDIOS FORESTAIS ACAECIDOS DURANTE OS MESES DE XUÑO, XULLO E AGOSTO DE 2022. PRAZO: 30-01-2023 (15:00 h.)

Data: 

xoves, 22 Decembro, 2022 (Todo o día) a luns, 30 Xaneiro, 2023 (Todo o día)

 

Ministerio de Política Territorial

Extracto da Resolución da Secretaría de Estado de Política Territorial pola que se aproba a convocatoria das subvencións por danos en infraestruturas municipais e rede viaria provincial e insular previstas no Acordo do Consello de Ministros do 23 de agosto de 2022 no que se declara "Zona afectada gravemente por unha emerxencia de Protección Civil" o territorio afectado como consecuencia dos incendios forestais acaecidos durante os meses de xuño, xullo e agosto de 2022. BDNS (Identif.): 664753.

Obxecto

As subvencións destinaranse a financiar os proxectos directamente relacionados cos sinistros detallados na convocatoria, que executen os concellos, os cabidos e consellos insulares, as deputacións provinciais ou as comunidades autónomas uniprovinciais, as comarcas e as mancomunidades, nos termos municipais e núcleos de poboación, relativos ás obras de reparación ou restitución de infraestruturas, equipamentos ou instalacións e servizos de titularidade municipal incluídos no artigo 25.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e da rede viaria das deputacións provinciais, dos cabidos e consellos insulares ou, no seu caso, das comunidades autónomas uniprovinciais, dos danos producidos polos episodios que motivaron a declaración da zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil, comprendidos nesta convocatoria.

Beneficiarios

Convócanse as subvencións por danos en infraestruturas municipais e rede viaria provincial e insular, previstas no apartado cuarto do Acordo do Consello de Ministros do 23 de agosto de 2022, no que se refire á declaración como zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil efectuada respecto do territorio afectado polos incendios forestais acaecidos nos meses de xuño, xullo e agosto de 2022, nas Comunidades Autónomas de Andalucía, Aragón, Illes Balears, Canarias, Castela e León, Castela-A Mancha, Comunitat Valenciana, Estremadura, Galicia, Comunidad de Madrid, Región de Murcia, Comunidade Foral de Navarra, País Vasco e A Rioxa, que se relacionan no anexo da resolución de convocatoria.

Terán a consideración de entidades beneficiarias das subvencións, as deputacións provinciais, os cabidos e consellos insulares, e as comunidades autónomas uniprovinciais, cuxo territorio estea comprendido no ámbito de aplicación desta convocatoria; todo iso, sen prexuízo da condición de interesado que corresponda ás entidades solicitantes.

Bases reguladoras

Orde HAP/196/2015, do 21 de xaneiro, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións que teñan por finalidade a execución de obras de reparación ou restitución de: infraestruturas, equipamentos e instalacións e servizos de titularidade municipal e das mancomunidades, consecuencia de catástrofes naturais, así como redes viarias das deputacións provinciais, cabidos, consellos insulares e comunidades autónomas uniprovinciais (publicada no «BOE» núm. 37, do 12 de febreiro de 2015).

Contía

O importe total máximo das subvencións a que se refire esta convocatoria é de 4.363.037,09 euros. A concesión das subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión na aplicación orzamentaria 22.02.942A.767.02 dos Orzamentos Xerais do Estado.

Aos proxectos subvencionables poderalles conceder unha subvención de ata o 50 por cento do seu custo.

Prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes formularanse polas entidades incluídas no ámbito de aplicación da convocatoria, desde as 9:00 horas do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado, ata as 15:00 horas do día 30 de xaneiro de 2023.

Máis Información:

-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 664753): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/ge/es/convocatoria/664753

-Obrigatoriamente deberanse cumprimentar e presentar de forma electrónica, a través da aplicación informática "AURA - Subvenciones a EELL ante catástrofes naturais", accesible desde a sede electrónica do Ministerio de Política Territorial https://sede.administracionespublicas.gob.es (Procedementos - Subvenciones), seleccionando o apartado dedicado a esta convocatoria. Para iso, é preciso que os representantes legais das devanditas entidades cumpran cos requisitos técnicos especificados na mencionada aplicación.
 

Descargas: