Convenio entre a Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Fegamp para a coordinación de actuacións no desenvolvemento do programa galego de vixiancia e control fronte á Avespa Asiática (VESPA VELUTINA) no ano 2025.
O presente convenio ten por obxecto establecer o marco para dar continuidade á execución de forma coordinada do Programa Galego de Vixilancia e Control fronte á Avespa Asiática (Vespa velutina) en 2025 entre a Xunta de Galicia e os concellos galegos. Este convenio establece os mecanismos adecuados para asegurar unha maior participación, coordinación de investimentos, actuacións e intercambio de información entre as partes asinantes.
O presente convenio constitúe o marco xurídico xeral de todas as entidades locais galegas, que manifestaron a súa vontade de manterse adheridas no ano 2025, coa finalidade de garantir a realización das actuacións necesarias que permitan a contención e seguimento da Vespa velutina, tendo en conta que este insecto afecta principalmente á produción apícola, tendo tamén repercusións sobre a biodiversidade e a seguridade cidadá.
Todas as entidades locais galegas, que se relacionan no Anexo I, deberán formalizar a súa adhesión mediante a cobertura do protocolo do Anexo II no prazo máximo dun mes dende a sinatura do presente convenio de colaboración.
Enviar o anexo II cuberto e asinado a : rexistro@fegamp.gal
Descargas:
| Arquivos | Tamaño |
|---|---|
| 294.03 KB | |
| 141.45 KB |

Sede Electrónica