Convenio entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Fegamp para a coordinación de actuacións no desenvolvemento do programa galego de vixiancia e control fronte á Avespa Asiática (VESPA VELUTINA).
O presente convenio ten por obxecto establecer o marco para dar continuidade á execución de forma coordinada do Programa galego de Vixilancia e Control fronte á Avespa Asiática (Vespa Velutina) en 2022 entre a Xunta de Galicia e os concellos galegos. Este convenio establece os mecanismos adecuados para asegurar unha maior participación, coordinación de investimentos, actuacións e intercambio de información entre as partes asinantes.
O presente convenio constitúe o marco xurídico xeral tanto das entidades locais xa adheridas dende o ano 2021 que se relacionan no Anexo I como das novas entidades locais interesadas en adherirse relacionadas no Anexo II coa finalidade de garantir a realización das actuacións necesarias que permitan a contención e seguimento da Vespa Velutina, tendo en conta que este insecto afecta principalmente á produción apícola e que tamén ten repercusións sobre a biodiversidade e a seguridade cidadá. As entidades locais dos Anexos I e II deberán formalizar a sua adhesión mediante a cobertura do Anexo III no prazo máximo dun mes dende a sinatura do presente convenio de colaboración.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
![]() | 2.53 MB |
![]() | 342.5 KB |