Este convenio ten por obxecto continuar coa cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, Seaga e a Fegamp, e os concellos que voluntariamente se adhiran ao sistema público de xestión da biomasa nas redes de faixas secundarias de xestión de biomasa. Este sistema actuará a dous niveis, establecendo unha serie de actuacións a desenvolver en todos os concellos adheridos e outras accións, máis intensas, que se levarán a cabo só naquelas parroquias que anualmente se seleccionen de acordo cos criterios de prioridade establecidos na cláusula cuarta deste convenio, que se denominarán ao longo do texto “parroquias priorizadas”.
A cooperación que neste convenio se instrumenta, ten por finalidade garantir a prevención de incendios forestais, de modo que se acade a diminución do número de incendios forestais nas zonas de interface urbana, garantindo así o interese público da seguridade de persoas e de bens.
O obxectivo final do convenio é o de protexer os bens e as persoas cunha acción preventiva eficaz e adaptada á realidade física do territorio, así como á realidade social.
ADHESIÓNS:
- PROCEDEMENTO: as solicitudes de adhesión presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario do procedemento PR004A, dirixido á Consellería do Medio Rural-D.X de Defensa do Monte.
- DOCUMENTACIÓN: xuntarase a solicitude de adhesión cuberta e asinada, que se recolle no anexo I do convenio.
Descargas:
| Arquivos | Tamaño |
|---|---|
| 26.34 MB | |
| 318.77 KB | |
| 16.18 KB |

Sede Electrónica