Este convenio ten por obxecto instrumentar a cooperación da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, Seaga, e a Fegamp, cos concellos que voluntariamente se adhiran ao presente convenio, mediante o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nos montes ou terreos forestais incluídos nas redes de faixas secundarias de xestión de biomasa.
A cooperación, que neste convenio se instrumenta, ten por fin garantir a prevención de incendios forestais, de modo que se acade a diminución do número de incendios forestais nas zonas de interface urbana garantindo así o interese público da seguridade de persoas e de bens.
ADHESIÓNS:
- PRAZO: aberto.
- PROCEDEMENTO: as solicitudes de adhesión presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario do procedemento PR004A, dirixido á Consellería do Medio Rural-D.X de Defensa do Monte.
- DOCUMENTACIÓN: xuntarase a solicitude de adhesión cuberta e asinada, que se recolle no anexo I do convenio.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
Texto do convenio | 12.86 MB |
1º Addenda ao convenio - ano 2019 | 7.08 MB |
2ª Addenda ao convenio - ano 2019 | 8.7 MB |
Anuncio no Diario Oficial de Galicia | 590.32 KB |
Anexo I.- Modelo de solicitude de adhesión | 143.69 KB |
Anexo II.- Condicións de servizo | 1.75 MB |
Anexo III.- Modelo de contrato | 1.06 MB |
Anexo IV.- Modelo de formalización da adhesión | 252.86 KB |
INFORME/ RESOLUCIÓN TIPO. INTERVENCIÓN QUE AFECTA UN BEN DO PATRIMONIO CULTURAL DE GALICIA | 225.96 KB |
3ª Addenda ao convenio - ano 2020 | 422.92 KB |
4ª Addenda ao convenio - ano 2020 | 389.05 KB |
5ª Addenda ao convenio - ano 2022 | 1.17 MB |
6ª Addenda ao convenio - ano 2022 | 1.67 MB |
7ª Addenda ao convenio - ano 2024 | 422.36 KB |