convenio para a realización de vóos ortofotográficos de alta resolución sumará este ano imaxes de catro municipios máis

Data: 

xoves, 9 Maio, 2019 - 13:30

Santiago de Compostela, xoves, 9 de maio de 2019.-O arquivo de fotografías aéreas de Galicia sumará este ano imaxes de alta resolución de catro municipios máis, en concreto dos concellos coruñeses de Betanzos, Fene, Ames e Teo, que abarcan case 140 quilómetros cadrados. A través deste convenio firmado entre a Fegamp, a Consellería de Infraestruturas e o Instituto de Estudos do Territorio conséguense fotografías de alta resolución ('TrueOrtho') con diferentes perspectivas dun mesmo terreo, así como coa medición de edificacións para mellorar na identificación de construcións e elementos.

No acto de sinatura cos nomeados concellos estaban presentes o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfredo García, a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e os alcaldes dos municipios de Betanzos, Fene, Ames e Teo, que asinaron o convenio para a elaboración destes traballos. A estes conellos hai que sumarles os que xa se adherirían en 2018, en concreto os concellos de Cambre, Carballo, Oleiros, Lugo, Sanxenxo e Pontevedra.

A través das fotografías que se levn a cabo pódese avanzar nestes territorios na planificación urbanística, no control de construcións irregulares, na cartografía catastral, no uso en anteproxectos de obra, así como na elaboración dun banco de imaxes con fins turísticos. Esta iniciativa enmárcase no proxecto PNOA10_Galicia, creado en 2018 polo Instituto de Estudo do Territorio para dar unha maior resolución no ámbito autonómico ao plan estatal de observación do territorio.