Data:

Nos últimos anos varios concellos suscribiron un convenio coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a través do Instituto de Estudos do Territorio (IET) e a Fegamp para a realización de voos para a obtención de ortofotografías aéreas de alta resolución xeorreferenciadas (PNOA10).
Logo do éxito destas convocatgoria, a Consellería, a través do IET, ofrece novamente esta oportunidade para o ano 2023, de xeito que máis concellos teñan a posibilidade de contar con ortofotografías verdadeiras de alta resolución (Trueortho) que poidan ser de utilidade para a elaboración e desenvolvemento do seu planeamento urbanístico, a xeración de nova cartografía, a ubicación de equipamentos, a execución de obras hidráulicas do ciclo urbano da auga, entre outras aplicacións, e á vista da demanda expresada por moitas entidades locais.
Para redacción final e sinatura do novo convenio, é imprescindible saber que entidades locais teñen interese en dispoñer destas imaxes de alta resolución do seu territorio. É por isto que a través desta comunicación solicitamos que faga unha expresión de interese a esta proposta, nas condicións iniciais que a continuación se detaian:
- Superficie mínima a fotografar por concello: 30 Km2 ou a totalidade do concello se a extensión deste fora menor.
- Prezo do produto (voo, trueorto, nubes de puntos cunha densidade mínima de 16 puntos/m2) con IVE: 1.200 €/Km2 (Estimado para unha superficie mínima de 200 Km2 en toda a Comunidade Autónoma)
O borrador do convenio no que se regulan as condicións para a contratación e realización de voos para a obtención de ortofotografías aéreas de alta resolución xeorreferenciadas será semellante aos textos asinados nos anos anteriores. Estes documentos e os pregos da licitación achéganse nos documentos adxuntos.
Pode facer a súa expresión de interese a través do seguinte formulario:
FORMULARIO DE EXPRESIÓN DE INTERESE
Ten de prazo ata o 27 de abril de 2022.
Celebrarase unha reunión informativa por videoconferencia o día 28 de abril de 2022. Para participar nela, manifeste o seu interese a través do formulario arriba indicado.
Cabe aclarar que esta expresión de interese e a asistencia á reunión non o/a compromete a participar no futuro convenio, pero será de gran utilidade para concretar a súa redacción.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
![]() | 8.98 MB |
![]() | 2.59 MB |
![]() | 678.96 KB |
![]() | 3.62 MB |
![]() | 2.09 MB |
![]() | 334.33 KB |
![]() | 2.13 MB |